viernes, 2 de abril de 2010

PROPOSTA DIDÁCTICA SILLY BILLY

Título da proposta : SILLY BILLY

Autores (separados por ;) : GENOVEVA ROMERO CREGO

XUSTIFICACIÓN (breve) :

Ao iniciar o estudo dunha lingua estranxeira e o uso das TIC a unha idade temperá, preténdese que a adquisición da lingua e o manexo das novas tecnoloxías se realice de xeito lúdico e estimulante, que prepare ó nen@ para o proceso continuado que abarcará na súa totalidade o resto da súa formación.

NIVEL ao que vai dirixida a proposta (pode ser máis de un) : Infantil

Nº de sesións da proposta : 4

Identificar os 3 ou 4 recursos TIC máis utilizados : Uso da pantalla dixital, uso e manexo do ordenador, vídeos e xogos online.

COMPETENCIASa traballar (pode ser máis de unha) : Competencia en comunicación lingüística., Tratamiento da información e competencia dixital., Competencia para aprender a aprender.

OBXECTIVOS: Comprender de forma global o significado do conto.

Recoñecer de xeito oral o vocabulario da unidade relativo ás cores:RED,BLUE,BLACK,WHITE e PURPLE.

Recoñecer de xeito oral o vocabulario da unidade relativo ás profesións: COOK, FIREMAN, POLICE, PRINCESS,PIRATE e CLOWN.

CONTIDOS :

Escoitar e comprender de forma global o conto SILLY BILLY.

Falar e debuxar sobre os seus propios medos.

Identificar cada sombreiro coa profesión correspondente.

Identificar as cores dos distintos sombreiros.

Xogar a diferentes xogos online relacionados con algunha das profesións.

Ver un vídeo e escoitar unha canción relacionada coa profesión correspondente.

"Etiquetar" prendas de roupa.

"Etiquetar" partes da cara.

Facer crebacabezas dos diferentes sombreiros.

Colorear debuxos online.

Áreas/Materias/módulos : Lingua Inglesa

Valores a traballar :

EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA: respetar o turno de palabra así como os "medos" expresados polos compañeiros.

EDUCACIÓN NON SEXISTA: non facer diferenzas na elección de profesións para nenos e nenas.

EDUCACIÓN MULTICULTURAL: respetar e comprender distintas tradicións culturais doutros paises do mundo.

Proposta de actividades por sesións : SESION 1

Utilizando a SMART ver e escoitar o conto de SILLY BILLY.

Avaliar de xeito oral a comprensión do mesmo a través de preguntas.

Falar das WORRY DOLLS e explicar que teñen orixe noutro pais (GUATEMALA)

A 1ª actividade consiste en debuxar os seus propios medos para que as WORRY DOLLS se encarguen de "despreocupalos".

A través dos gorros que asustaban a Billy aprendemos 6 profesións relacionadas cos seus sombreiros.(actividades 2 e 3)

COOK- Xogamos online a preparar receitas de cociña.

Relacionamos cada sombreiro coa súa profesión, cal falta?

PIRATE- Xogamos online a un xogo de piratas e etiquetamos HAT, BOOTS e JACKET.

Finalizamos a sesión co vídeo de LAZY TOWN "You are a pirate"

SESIÓN 2

Ver e escoitar de novo o conto Silly Billy.

Recordar as profesións traballadas na sesión anterior COOK e PIRATE

CLOWN- Escoitar a canción do abecedario de forma lúdica.

Traballar as cores de xeito oral na cara do paiaso repasando partes da cara.

PRINCESS- Colorear online distintas princesas(seguimos traballando cores)

SESION 3

Ver de novo o conto Silly Billy.

Recordar as profesións traballadas nas sesións anteriores COOK, PIRATE, CLOWN e PRINCESS.

POLICE- Xogo online no que debemos marcar o número de teléfono indicado(repaso dos números)

FIREMAN- Relacionar as cousas pertencentes a esta profesión.

Repasar as profesións e a actividade que máis lles gustase.

SESION 4

LIM- Individualmente ou por parellas traballaremos o conto e distintas actividades relacionadas coas profesións e as cores.

Criterios e instrumentos de avaliación :

CRITERIOS

Segue as instruccións da clase.

Escoita e entende de xeito global o conto.

Participa nas actividades.

Recoñece a nivel oral o vocabulario clave da unidade.

Mostra interés en aprender.

Respecta as normas.

INSTRUMENTOS

Observación directa.

Formulación de preguntas orais.

Nivel de autonomía e desenvolvemento das actividades.

Visualización dos acertos/erros nas actividades de LIM.

URL da proposta (en caso de existir versión en liña) :

No hay comentarios: